InicioEconomíaO Comité de Alcoa pide máis compromisos por parte da multinacional, entre...

O Comité de Alcoa pide máis compromisos por parte da multinacional, entre eles, un “gran forno”

Destaca que o parque eólico está "moi avanzado".

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo, insistiu este luns en que a multinacional americana debe acometer máis investimentos nas instalacións, entre elas un forno de maiores dimensións.

O presidente do comité, José Antonio Zan, asegurou que seguen “pendentes de que se aproben eses investimentos que faltan por aprobarse”. “E iso depende do acordo”, lembrou, dado que o reinicio das cubas está previsto para xaneiro de 2024. “Nós asinamos unha serie de obras e o custo xa é cuestión da empresa”, agregou.

Os investimentos comprometidos “roldan os 190 millóns de euros”. Aínda que “de momento a gran maioría está acometida”, tal e como destacou Zan, si botan en falta un maior incremento. “Non somos conscientes desa valoración (de investimentos) porque nós non fiscalizamos, nin facemos os orzamentos. Nós chegamos a un acordo de facer un forno de gran tamaño e é o que esiximos“, reivindicou.

PARQUES EÓLICOS

En relación cos parques eólicos que fornecerán enerxía á planta para poder reiniciar a produción de aluminio primario en 2024, o presidente do comité de empresa celebrou que a súa tramitación por parte da Xunta “está moi avanzada”, tendo en conta que xa está declarada a excepcionalidade destes proxectos, que permite axilizar o procedemento.

“Iso quere dicir que unha gran parte deles vanse a licitar directamente polo Goberno. O 100 por 100 dos que tiña que licitar o Goberno están aprobados pola Xunta. Falta por saber como están os parques da Xunta e que pasos dá o Goberno para licitalos, igualmente, canto antes”, puntualizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...